Xa está chegando o Entroido, e os máis peques do cole tamén queremos participar na festa! Este ano, como o tema elegido polo centro é o Patrimonio, nós iremos de respresentantes das Pirámides e vestirémonos de... EXIPCIOS e EXIPCIAS!!!
Como xa vos dixemos na notiña que enviamos para casa, a elaboración do disfrace é moi sinxela, pero se tedes dúbidas, xa sabedes que estamos á vosa disposición.
E como o prometido é débeda, aí vos deixamos algúns exemplos por se vos serven de inspiración para os colares e a maquillaxe. Son soamente exemplos, tedes liberdade para facer o que queirades, seguro que son moito máis chulos os vosos... Imaxinación ao poder!!!
EXEMPLOS DE COLARES
EXEMPLOS DE MAQUILLAXE
No hay comentarios:
Publicar un comentario