jueves, 21 de diciembre de 2023

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO NA CLASE LILA

 E no último mes do ano temos de aniversario a Fátima, Thiago Quintela e Mateo Díaz... 



Parabéns, peques!!! Agora xa temos todos e todas 3 aniños!!!!

miércoles, 20 de diciembre de 2023

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO NA CLASE VERDE

 No mes de novembro na clase verde estiveron de aniversario Sabela e Anxo Moure, Martín Riveiro, Antón e David.








                                                        Parabéns aos cinco polos 4  anos!!!









ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO NA CLASE AZUL

 No mes de novembro na clase azul estiveron de aniversario Pepa, Luan e Noa F.







Parabéns aos tres polos 5 anos!!!


ANIVERSARIOS DE OUTUBRO NA CLASE AZUL

 No mes de outubro na clase azul estivo de aniversario Brais.



Parabéns Brais polos 5 anos!!


ANIVERSARIOS DE SETEMBRO NA CLASE AZUL

 No mes de setembro na clase azul estivo de aniversario Pedro.




Parabéns Pedro polos 5 anos!!


martes, 21 de noviembre de 2023

EXPERIMENTOS MUSICAIS!

 Hoxe tivemos unha visita especial. A profe Ana da biblioteca veu a vernos para facer uns experimentos onde a música era a protagonista, porque... con todo se pode facer música!!!! E así é, con agua e uns cantos vasos e copas... vaia orquestra máis chula fixemos!!!!




OBRADOIRO POLA IGUALDADE

 Onte os peques de infantil fixemos unha actividade para promover a igualdade dos nenos e nenas, grazas á colaboración da ANPA. Con esta actividade quedounos clariño que todos e todas somos diferentes pero todos e todas temos os mesmos dereitos, todos e todas podemos xogar a calquera cousa, todos e todas podemos ser o que queiramos ser... 





lunes, 20 de noviembre de 2023

MAGOSTO 2023

O venres festexamos no cole a festa máis rica de todo o outono... O Magosto!!!! 

Despois do recreo, baixamos ao cole dos maiores co noso vasiño colgado no pescozo, preparados para encher a nosa barrigola de saborosas castañas!!!!

E que ricas estaban... Mirade, mirade como nos puxemos....






Aproveitamos a ocasión que nos ofrece o blog para agradecervos a vosa colaboración na festa... Moitas grazas por esas castañas, familias!


E que... VIVA O MAGOSTO E AS CASTAÑAS!!!!




martes, 14 de noviembre de 2023

UNHA CHEA DE FAMILIAS!

Hoxe tivemos no cole un contacontos moi especial!!! Dende a Fundación Igualarte viñeron a facernos unha pequena obra teatral onde puidemos ver os diferentes tipos de familias que existen, todas especiais e distintas... Que marabilla!!!! 






Despois do contacontos fixemos coa axuda dos monitores, uns móbiles para clase que representaban cada unha de esas familias! Que ben o pasamos pintando, creando, debuxando... Mirade, mirade...

      



Ao acabar o día, acordamos que cada un ten a súa familia, unha propia e que pode estar formada por xente moi diversa: avós, tíos, tías, madriñas, mamás, papás... pero o que nos quedou máis claro é que a nosa é a mellor do mundo mundial!!!

lunes, 13 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE OUTUBRO NA CLASE VERDE

                                            No mes de outubro estivo de aniversario Kira


                                                               Parabéns polos 4 anos!!!

ANIVERSARIO DE SETEMBRO NA CLASE VERDE

 

 No mes de setembro estivo de aniversario Álvaro


   
Parabéns polos 4 anos!!!

martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN 2023

Sapos, bruxas e curuxas... e sobre todo, cabazas, moitísimas cabazas!!!! Xa está aquí de novo a primeira gran festa do curso: o Samaín!!!! 

 

 Aproveitando o proxecto do centro moitos e moitas fixemos unha cabaza onde a música é a gran protagonista! Partituras, músicos, notas musicais... pero, ademais, na nosa exposición tamén tivemos cabazas bruxas, cabazas zombies, cabazas momias, cabazas unicornios... Mirade que orgullosos e orgullosas posamos coas cosas cabazas...

 




E para completar a festa que mellor que un contacontos monstruoso... A polbiña Rosalía e a súa amiga, a profe Ana da biblioteca, viñeron a contarnos un conto moi chulo dun neno moi medorante chamdao Fiz! Fiz tiña medo a todo, pero descubriu que o mellor que podía facer era gardar e coleccionar os seus medos nunha maleta e rirse de eles para que se fixeran cada vez máis pequenos ata que desapareceran... Ben feito Fiz!!!!
 

E xa só nos queda desexaros a todos e a todas.... FELIZ SAMAÍN! Gozade da festa cos peques!!!!



viernes, 20 de octubre de 2023

COÑECENDO A BIBLIOTECA

Esta semana tivemos unha pequena excursión... fumos ao cole dos maiores a coñecer a unha nova amiga... a polbiña Rosalía!!! Rosalía é unha polba que chegou ao cole moi asustada polo San Froilán, escapando das casetas porque non quería que a comeran, e como lle gustan moito os libros e os contos, decidiu quedarse a vivir na nosa bilioteca. Ela é a encargada de coidar e vixiar a nosa biblio e de traernos novas aventuras en formato de libro!

Ana, a profe que leva a biblioteca do noso centro, invitounos a coñecela e ademais deixounos descubrir moitos dos libros que hai nela... voltaremos, seguro!!!!




viernes, 29 de septiembre de 2023

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO NA CLASE LILA

E empezamos xa cos cumpres!!!!! Este mes de setembro celebramos o aniversario de Thiago Prado... 


Parabéns por eses tres aniños!!!!!

viernes, 15 de septiembre de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS PEQUES!!!!

Risas, nervios, choros... Todas estas sensacións describen os comezos de curso dos máis pequechos e pequechas do cole. O tempo "oficial" de adaptación xa rematou e está... superado!!!! Dende aquí queremos felicitarvos a todos e a todas, pois as mestras somos conscientes das dificultades que supón este periodo, tanto polas características especiais do horario, como polos momentos das separacións, da adaptación a novas normas... Parabéns familias!!!! E sobre todo... Parabéns peques!!! Sodes uns e unhas "champions"

Nestes primeiros días empezamos pouquiño tempo, coñecendo espazos, amigos e amigas, profes, descubrindo os xoguetes e os novos materiais... Queredes velo??? Pois mirade, mirade...
















































BENVIDOS E BENVIDAS Á CLASE LILA!!!!!