viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021

Sapos, bruxas, curuxas... e moitas, moítisimas cabazas!!! Xa chegou a gran festa do medo... O SAMAÍN!!!!!!! 

E será unha festa do medo, pero... medo, quen dixo medo? Os nenos e nenas de Infantil rímonos do medo na súa cara e por iso decoramos a nosa entrada con morcegos, arañas, bruxas..., pintamos a nosa cara, decoramos os nosos mandilóns e... fixemos cabazas do máis terrorifico!!!! 

Mirade, mirade...





jueves, 28 de octubre de 2021

VISITA AO PARQUE

Hoxe, a polbiña Rosalía, a nosa mascota de biblioteca, tiña unha misión para nós... explorar o parque de Rosalía de Castro a fondo, e descubrir todo todo o que escondía... Así que, desoís de chegar ao cole e traballar un pouquiño, marchamos para alí a fixarnos en todo!!!!

Atopamos non só os columpios, senón un montón de flores e plantas, un templete de música, moitas estatuas, máis dunha fonte con sorpresas, unha árbore con historia, un estanque con patiños, un mapa con ríos e... á nosa Rosalía de Castro!!!! Cantos segredos esconde o parque, non si?









 




sábado, 23 de octubre de 2021

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO NA CLASE AZUL

 No mes de outubro na clase azul estivo de aniversario Brais. 




Parabéns Brais por eses 3 anos!!

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO NA CLASE AZUL

 No mes de setembro na clase azul estivo de aniversario Pedro.



Parabéns Pedro por eses 3 anos!!


COMEZO DE CURSO NA CLASE AZUL

Despois de máis dun mes de cole xa é hora de que vexades como o pasamos ao longo destes días. Aínda que hai momentos de choros, afortunadamente tamén hai moitos de tranquilidade  e risas. A continuación podedes ver algúns deles:



Benvidos ao cole e benvidos á clase azul!!!!


viernes, 22 de octubre de 2021

Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco

 Esta semana limos e vimos un conto diferente dos tres porquiños, diferente porque ademais de que habñía unha poquiña, a casa máis dura, a que o lobo nos derribou, era de madeira!!!! Un material moi galego e con moitas posibilidades!!!









 

Queredes volvelo a ver? Pois aquí vos deixamos o enlace

Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco

jueves, 21 de octubre de 2021

ESTREAMOS XOGUETES!!!

Esta semana estreamos novos xoguetes de patio... Que ben o pasamos!!! Pezas, casiña, tobogáns, balacíns... Que guai!!!

Pero como é mellor é que vexades a nosa cara de ilusión!!!!