miércoles, 29 de junio de 2022

ANIVERSARIOS DE XUÑO NA CLASE VERDE

  Este mes de xuño estiveron de aniversario Carmen Pereira, Valeria e Carmen Escobar.




Parabéns ás tres polos 6 anos!

martes, 28 de junio de 2022

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS ESCOLARES (CURSO 2022-23)

Ola familias!
Deixámosvos a LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO e de MATERIAIS ESCOLARES para o curso que ven.
Traede só o material cando o teñades todo comprado, nunha bolsa pechada que teña o nome e o curso do voso fillo/a por fóra, así poderedes deixalo no patio e evitaremos entrar nas aulas cargados. Non vos preocupedes, cando os nenos e nenas estean dentro, as profes iremos recollendo as bolsas sen problema, vale? 
Graciñas familias! Bo verán!

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Ola familias e... benvidos e benvidas ao Rosalía de Castro!!!! Graciñas por elexirnos!!! 

Dado que moitos estades chamando para poder organizar setembro, aquí vos deixamos o PERÍODO DE ADAPTACIÓN dos máis peques! Xa veredes como todo vai a ir ben, iremos pouquiño a pouco para que todos e todas nos vaiamos coñecendo e que a nosa entrada no cole sexa xenial!!!! De todas formas e por se tedes algunha dúbida antes de comezar o curso, faremos unha reunión o 6 de setembro á 13:00 no edificio de Infantil.

Lembrade que, por protección de datos, non podemos poñer os nomes enteiros dos vosos fillos e fillas, polo que os grupos están marcados alfabéticamente polo primeiro apelido, vale? Calquera dúbida que teñades, podedes chamar ao cole neste días.

Un saúdo, gozade do verán e... vémonos en setembro!!!!

viernes, 24 de junio de 2022

ANIVERSARIOS DE XUÑO E DO VERÁN NA CLASE AZUL

Estes últimos días deste curso aproveitamos para festexar na clase azul todos os aniversarios do mes de xuño e tamén os que terán lugar durante as vacacións de verán. Estiveron e estarán de celebración Julia E., Carmen G., Antía, Noa G., Manuela, Noel, Adriana, Chloe, Diana, Frida e Eric.













Parabéns a todos polos 4 anos!!!


jueves, 23 de junio de 2022

FIN DE CURSO

Pois si, xa chegamos ao final do curso case sen darnos de conta... Pero nada de penas, pois para rematar tivemos unha gran festa!!!! 

O martes despedímonos dos nosos compis da clase verde, que comezan unha nova andaina no cole de Primaria... Que maiores!!! Se fai nada estaban entrando pola porta, con moito medo e inseguirdade, e agora.... xa son uns chicos e chicas!!!! Mirade que maiores!!!!



A profe Pili e o resto das profes queren desexarvos moita, moita sorte nesta nova etapa que empezades que seguro estará chea de aventuras novas. Lembrade que, aínda que xa sexades de Primaria, sempre teredes un sitio neste "chalet" e no corazón das vosas profes de mandilón! 













E seguimos de troula... O mércores os maiores viñeron a representarnos uns contos chulísimos, nos que tiñan cabida tanto un neno chiquitín que se converteu nun superheroe, una cabaza parlanchina e ata unha caca sen dono... Que ben o fixeron!!!! E que boa maneira de dicir... ata o curso que ven!!!!





Aproveitamos o blog para darvos de novo as grazas a vós familias, sen vós o noso traballo non tería ningún sentido. Levamos anos complicados, pero coa vosa axuda e apoio, todo é moito máis levadeiro. Así que grazas, mil grazas a todos e todas! Gozade do verán cos peques e vémonos en setembro con forzas renovadas!

Bicos de Inés, Nuria, Pili e Sonia.

miércoles, 22 de junio de 2022

ANIVERSARIOS DE XUÑO NA CLASE LILA

 O último mes de curso festexamos os aniversarios de Xián, Emma e Alfredo... 

                                                 

                                                 

PARABÉNS PEQUES!!!


lunes, 13 de junio de 2022

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

 Hoxe tivemos unha clase de música de altura! Mónica, a mamá de Tiago da clase de 5 anos, veu ao cole cunha compi a ensinarnos un montón de instrumentos: a pandeireita, o pandeiro, o clarinete, as castañolas, a zanfona, a gaita... e ata unhas culleres que soaban!!! 

Que chulada!!!! Como nos gusta a música!!!!