miércoles, 23 de diciembre de 2020

NADAL 2020

Sen dúbida, este é un Nadal diferente para todos e todas, mais os peques do Rosalía non queriamos que o coronavirus nos impedira festexar a data que máis nos gusta do ano: O Nadal!!! E por iso e aínda que non poidemos facer un festival todos e todas xuntos, queremos entrar nas vacacións con moito ritmo e desexarvos moi Bo Nadal e o mellor para o 2021! 














Fixémolo moi ben, verdade? Pois deberon chegar os rumores a Oriente porque ao día seguinte.... SORPRESA!!! Os Reis Magos viñeron ao cole a recoller as nosas cartas e, ademais, trouxéronnos un agasallo para cada un de nós!!! Que ilusión!!! Se todos os anos nos portamos ben, este... debemos ser uns nenos e unhas nenas de 10!!! 
















































Grazas pola visita, Melchor, Gaspar e Baltasar!!!! E moitísimas grazas a AMPA por xestionar a "viaxe" das súas Maxestades!!!

Aproveitamos a ocasión para desexarvos un moi Bo Nadal a vós, familias!!! Que o 2021 veña cargado de saúde e que nos permita, por fin, voltar a vernos o sorriso! Gozade o que poidades destes días coa familia máis próxima, e vémonos o 8 de xaneiro. Moitas grazas polo voso apoio neste trimestre complicado!!! 

Un saúdo das profes!