lunes, 18 de abril de 2022

viernes, 8 de abril de 2022

AA TROPAS DO ROSALÍA!!!

Pois xa rematamos o segundo trimestre e que mellor maneira de acabalo que facendo unha das cousas que máis nos gusta... disfrazarnos!!!! Levamos todo o trimestre con Roma a voltas e, como aprendemos un montón de cousas e descubrimos todo o romano que ten a nosa cidade, so nos quedaba converternos en romanos e desfilar como auténticos lexionarios e centuriones!!!! 

Mirade que guapos e guapas!!! Sen dúbida somos o mellor exército de todas as tropas romanas da historia!!!!! 








ROMAAAAA!!!!!!



E agora a gozar das vacacións e a descansar, para coller forzar a afrontar a tercero trimestre con moita enerxía! Vémonos o martes 19!!!!

lunes, 4 de abril de 2022

DE PASEO POLO LUGO ROMANO

 Levamos moitos días estudando Roma e xa nos tocaba descubrir os segredos romanos que esconde a nosa cidade. Xa sabemos que o noso Lugo fai, moito moito tempo, era a antiga cidade de Lucus Augusti, cidade moi moi importante, na que os romanos construiron unha grande muralla: a nosa querida Muralla!!!! Pero que máis atopariamos paseando polo centro de Lugo??? Sen dúbida a nosa cidade ten un montón de misterios, moitos deles aínda por descubrir...