viernes, 21 de diciembre de 2018

NADAL 2018

E por fin chegaron as vacacacións que todos e todas estabamos esperando... O NADAL!!!! E que mellor maneira de celebralo que con música nun gran festival!!!! Levamos varias semanas ensaiando  duramente as nosas grandes actuacións, e... xa estabamos listos e preparados para o gran público!!! Así que ataviados coas nosas mellores galas, alá nos fumos a demostrarlles aos maiores do cole que estamos feitos para Broadway!!!








Os mais pequerrechos bailaron unha panxoliña na que tiñan que buscar unha estrela e... creo que, por fin, a atoparon! Mirade que ritmo teñen!!!





Os nenos e nenas de 4 anos bailaron outra panxoliña onde uns ratiños, canciños e michiños moi traviesos, aproveitaban os despistes dos avós e das avoas para facer un "guateque". Están simpáticos, verdade?






E, por último, os maiorciños, convertéronse en renos, pero non nuns renos calquera.... no mesmo Rodolfo!!!! O favorito de Papá Noel!!!! Fixádevos nos seus narices!!!!





Pero por si fora pouca esta festa, hoxe viñeron a visitarnos os Reis Magos!!!! Si, si, si... Melchor, Gaspar e Baltasar!!! Que nerviosos estabamos, de feito algún e algunha de nós prefiremos que a nosa profe lle dera a carta... Dábanos vergoña!!!! Agora tócanos agardar e portarnos moi ben, pero para que a espera fose máis curta, os Reis agasalláronnos cunha mochila chulísima para levar os nosos xoguetes, libros ou pinturas!!!! 
Moitas grazas, Melchor, Gaspar e Baltasar!!!!




Aproveitamos a ocasión para desexarvos a todos e todas un Bo Nadal!!! Entrade co bo pé no 2019, descansade e collede forzas!!! Vémonos o día 8 de xaneiro.
Un bico grande, grande, das profes!!!!