miércoles, 9 de septiembre de 2020

FOLGA 10 SETEMBRO

Ola familias!

Dirixímonos a vós para comentarvos que mañá, 10 de setembro, as mestras de 3 e 5 anos, así como a mestra de apoio e de PT, secundarán á folga convocada no ensino, polo que non acudirán ao centro. 

Sentimos as molestias que vos poida causar, neste "tolo" inicio de curso, pero cremos que é importante que nos escoiten para que adoiten medidas urxentes que garantan a saúde dos vosos fillos e fillas e a nosa propia. 

Un saúdo grande a todos e todas.

lunes, 7 de septiembre de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

 Ola familias! 

Ante todo benvidos e benvidas ao Rosalía!!!! Xa formades parte da clase lila!!!!

Son Nuria, a nova profe dos vosos fillos e fillas. Gustaríame ter unha reunión con vós, para coñecervos en persoa, pero pola situación que temos na cidade de Lugo, a Consellería non nos permite facer reunións colectivas, polo que tiven que dirixirme a vós de forma telemática. 

Acabo de enviarvos un e-mail, co guión da reunión que fago coas familias cando empezo un novo ciclo para explicarvos un pouco "as normas" da clase lila. Ademais achegueivos o calendario de merendas e unha folla para a autorización das saídas.

Sei que é un pouco lío, odio facer as cousas así, pero non vos preocupes: se tedes calquera dúbida podedes comunicarvos comigo vía mail ou chamando ao teléfono do cole de infantil. 

Ah! E se non vos chegou o mail, avisádeme e buscamos unha solución.

Un saúdo e... benvidos/as a esta viaxe!


viernes, 4 de septiembre de 2020

PERIODO DE ADAPTACIÓN 2020-21

 Ola peques!!!! Ola familias!!! Benvidos e benvidas ao noso cole!!!! 

Mestras e nenos e nenas estamos desexando coñecervos, sobre todo a vosa nova profe Nuria. Pero como seguro que estades un pouquiño asustados, iremos coñecéndonos pouco a poco, para que vos sexa todo máis sinxelo.
 
Para iso, elaboramos un periodo de adaptación por grupos e rangos horarios, que vos presentamos neste ENLACE (PERIODO ADAPTACIÓN). Calquera dúbida, chamade ao centro de Educación Infantil e intentaremos solucionala: 982870394 

Debido a situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos, pregámosvos que sexades moi estritos cos horarios de entrada e saída, pois a cancela do colexio ten que permanecer sempre pechada.

** Na situación actual pode haber modificacións dos protocolos por parte das autoridades educativas, polo que vos pedimos que esteades atentos ao blogue para calquera cambio que nos afecte.

MATERIAL CURSO 2020-21

 Ola de novo a todos e todas!

Despois de moitos meses sen vernos, voltamos ás aulas con moita incertidumbre, pero con moita ilusión por vervos a todas e a todas de novo. Este curso vai ser, sen dúbida, raro, especial, con moitas regras e protocolos (algúns que non nos gustan moito para os nosos pequechos e pequechas), pero estamos seguras de coa cosa axuda sairemos de isto e poderemos voltar a darnos apertas e agarimos. 

Nos próximos días, colgaremos os protocolos da Consellería de cara a este curso, con todas as medidas sanitarias que debemos seguir, escrupulosamente, pola saúde non so dos nosos peques, senón de todos os nosos familiares e amigos.

Ata entón, deixámosvos o material necesario para este novo curso. Por favor, que todo o material veña etiquetado con nome (incluidas cada unha das ceras e rotuladores), xa que este ano todo será individual e non poderemos compartir o material. Traede só o material cando o teñades todo comprado, para evitar a manipulación do mesmo, nunha bolsa cerrada que teña o nome e o curso do voso fillo/a por fora, así poderedes deixalo no patio e evitaremos entrar nas aulas.

Premede neste enlace para visualizar a lista de material: MATERIAL INFANTIL (2020-21)

Premede neste enlace para visualizar a lista de libros de texto: LIBROS INFANTIL (2020-21)

Por outra banda, xa está aberto o prazo para solicitar as axudas do Concello para material escolar. As bases están expostas na web do centro.