viernes, 26 de marzo de 2021

ANIVERSARIOS DE MARZO NA CLASE LILA

 E seguimos crecendo... Este mes festexamos os aniversarios de Alén, Yara, Marcos, Martín e Bieito... 






PARABÉNS!!!!

miércoles, 24 de marzo de 2021

lunes, 8 de marzo de 2021

DIA DA MULLER

 Hoxe no cole, quixemos lembrar o Día de todas as mulleres!!!! Por iso, enchemos todo o noso patio de lazos de cor violeta... que chulo quedou, verdade??? E non so por ser unha cor moi bonita, senon por todo o que esta cor representa... 

Os peques e as peques de Infantil sabemos que todos e todas somos iguais, que todas e todas podemos xogar a todo, que todos e todas podemos facer o que queiramos e sobre todo, que todo no cole é moito máis divertido cando estamos todos e todas xuntos e xuntas!!!! 



















viernes, 5 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 O mes de febreiro é o mes dunha das escritoras máis importantes das nosas letras: Rosalía de Castro, e dado que o nome do noso centro é un claro recoñecemento á súa figura, todo o cole quixemos facerlle unha pequena homenaxe no seu día, o 24 de febreiro.

Os peques do Rosalía non quixemos ser menos, e tamén aportamos o noso gran de area facendo unha pequena dramatización dun dos seus poemas, facendo da nosa clase.... un galiñeiro!!!!

Mirade todo o traballo.... a ver si nos atopades...


 

lunes, 1 de marzo de 2021

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO NA CLASE AZUL

 No mes de febreiro na clase azul estiveron de aniversario Noa L., Salomé e Lara.







Parabéns ás tres por eses 6 anos!!!