miércoles, 30 de junio de 2021

ANIVERSARIOS DE XUÑO NA CLASE LILA

No mes de xuño, festexamos os aniversarios de Xián, Emma e Alfredo...




PARABÉNS, PEQUECHOS!!!

Nos meses de verán, Alicia, Noa e Samira tamén están de cumple. Quedounos a festa pendente... pero á volta, prometemos tirarvos das orellas!


viernes, 18 de junio de 2021

O MAGO!!!

Hoxe tivemos unha visita moi especial... un mago! Pero non un mago calquera, un mago amigo de Harry Potter!!!!! O mago Dani con so un chascar de dedos, foi quen de converter papeliños en billetes, de pegar trociños de papel nun xornal de verdade, de facer desaparecer agua e ata de voar unha mesa!!!! 








Mágoa que non poideramos gozar todos e todas da súa maxia. Dende aquí mandámoslles un bico e unha aperta moi grande aos compis! Ánimo familias!!! Todo vai sair ben!!!


viernes, 4 de junio de 2021

A PEQUE HORTA DOS LILIÑAS!

 Fai un días, os liliñas e as liliñas aproveitamos o bo tempo para aplicar os nosos novos coñecementos sobre prantas.... sabiamos que cunha semente saía unha pranta, que había que botala en terra, darlle auga e sol e... esperar e esperar... 

Así que nos puxemos mans á obra!!! Escollimos a nosa semente entre lentella, faba e pipa de cabaza e... a prantar!!!!







Levamos días e días esperando, moi ansiosos e ansiosas e... por fin... temos os nosos froitos!!! Unhas prantiñas de lentella, faba e cabaza, coas súas raices (que xa sabemos que é como a nosa boca) e as súas folliñas (que ahora xa sabemos que é como a nosa nariz)!!!! 



jueves, 3 de junio de 2021

A APALPADORA

Hoxe tivemos unha visita no cole... A Apalpadora!!!! A filla do mesmiño Apalpador que veu a contarvos un conto superchulo das súas vivencias! Estivemos moi moi atentos e atentas, porque pode que para o Nadal que ven... teñamos unha sorpresa desta familia do Courel!!!!








ANIVERSARIOS DE MAIO NA CLASE VERDE

 No mes de maio na clase verde estiveron de aniversario Julia, David, Martiño e Celtia.






Parabéns a todos por eses 5 anos!!!