miércoles, 17 de octubre de 2018

Aniversarios de outubro na Clase Lila

Este mes celebramos na clase lila, os aniversarios de Adrián, Lía e David...


PARABÉNS por eses 4 anos, pequerrechos!!!! 

miércoles, 3 de octubre de 2018

Comezamos... vendimando!!!

Para festexar ben o inicio de curso, os nenos e nenas da clase lila queriamos facer unha pequena festa e, como en todalas festas, necesitamos un brindis con viño!!!! Pero de onde iamos a quitar o viño??? Pois facendo o noso propio mosto na nosa propia vendima! Así que coa axuda da profe Sonia puxémonos mans á obra...
Aproveitando que as uvas están xa perfectas, saímos a recollelas á nosa viña improvisada entre as árbores do cole...
















...e despois de desgranar ben os acios....



















... tivemos que aplastar as uvas cos pés!!!!





Estivo moi divertido, aínda que algún e algunha de nós non quixemos facelo porque nos daba un poquiño de "noxo". Pero tivemos moita sorte porque... despois de traballar duramente como vendimadores e vendimadoras, esperábanos a profe Sonia cun caldeiro de agua ben quentiño para lavar os nosos pés!!! Nin no mellor spa!!!! Grazas profe Sonia polas masaxes!!!!


Aplastadas as uvas e feito o noso "mosto", tocaba esperar para poder tomalo, porque tiña que repousar para que estivera rico... E así o fixemos!!! Cando estivo listo, puidemos facer un superbrindis na merendola co noso propio mosto: "Colleita lila 2018". Chin chin!!!! 




Que boa maneira de empezar o curso... Isto promete!!!