viernes, 21 de junio de 2019

GRADUACIÓN E FIN DE CURSO

E despois de meses de duro traballo... chegaron as merecidas vacacións!!!!! Pero non sen antes festexar por todo o alto o inicio do verán!!!!
O xoves os nenos e nenas da clase verde celebraron a súa graduación. Primeiro deileitáronnos cunhas poesías e adiviñas moi chulas!!!!








Logo chegou o gran momento, a entrega de diplomas!!!! Que orgullosos e orgullosas estabamos!!!!











Pero por si isto fora pouco, despois de quitar o traxe tivemos un super baile!!!! Fixádevos que ritmo!!!!




E para rematar o día, invitáronnos a unha supercomilona!!!!! Ummmmm... que rico estaba todo!















Noraboa a estes e estas graduados!!!! A verdade é que o tempo pasa voando!!!! Se fai nada aínda estaban entrando pola porta sen poder, case, coas súas mochilas!!!! A clase azul e a clase lila botarémosvos moito de menos, aínda que sabemos que teremos novas aventuras con vós cando vaiamos á Primaria. Moita sorte de parte de todos e todas nesta nova etapa!!!!

Pero a festa de fin de curso non rematou aí. O venres era o momento de bailar e amosar a todos os compañeiros, compañeiras e familias, as nosas habilidades nun gran festival organizado pola ANPA e o cole: danza galega, ximnasia rítmica, baile moderno, deporte, kárate.... tivemos de todo e fixémolo moi, pero que moi ben!!!!











E sen máis, chegamos ao final deste curso. De parte de todas nós queriamos darvos as grazas por este ano. Sen a vosa axuda e apoio este curso non sería posible. Desexámosvos unhas moi felices vacacións cos vosos fillos e fillas, gozade do verán e vémonos en setembro coas pilas cargadas!
Mil bicos de todos e todas.
Cesi, Juan, Lucía, Marta, Nuria, Pili e Sonia

*** Nos próximos días colgarémonos o material e os libros para o curso 2019-2020, tanto na porta como na web do cole.