viernes, 23 de diciembre de 2022

BO NADAL!!!

Xa chegaron as vacacións de Nadal!!!! E que mellor maneira de celebrala que cunha festa rachada chea de música e baile!!! Queredes ver que ben se nos da??? Mirada, mirade....

3 anos (clase verde)



4 anos (clase azul)


5 anos (clase lila)


E xa so nos queda desexarvos unhas moi felices festas. Gozade destes dias cos vosos e as vosas peques e veámonos no 2023!!!! 

Mil bicos das profes

miércoles, 21 de diciembre de 2022

UN DECEMBRO CHEO DE VISITAS!!

Este mes de Decembro estamos a ter un montón de visitas!!!!

O outro dia apareceu polo cole a muller do Apalpador, porque el está xa moi ocupando preparando o Nadal para todos e todas!!!








E hoxe, despois de moito esperar, puidemos por fin ver e tocar aos nosos pitiños!!! Mirade que chulos!!! 













jueves, 8 de diciembre de 2022

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO NA CLASE VERDE

            Este mes de novembro estiveron de aniversario Anxo e Sabela, Martín Riveiro, Antón e David






                                                                 Parabéns aos 5!!!!!!!!!

viernes, 25 de noviembre de 2022

miércoles, 2 de noviembre de 2022

miércoles, 19 de octubre de 2022

Visita das matronas

 Hoxe tivemos unha visita moi especial na clase lila... As matronas do HULA! E quen son? Pois unhas enfermeiras ou enfermeiros que axudan ás mamás a traernos ao mundo!!! 

Agora xa sabemos por que todos e todas temos embigo, como acabamos e viviamos na barriga da mamá, como saimos de ela.... E como sorpresa final, puidemos escoitar os nosos corazóns e... o da nena da nosa profe que, aínda que está na barriga, vai a toda máquina!!!! 












lunes, 17 de octubre de 2022

viernes, 14 de octubre de 2022

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA

 Hoxe, os nenos e nenas de 6º, viñeron a presentarnos a mascota da Bibilioteca do Cole: a polbiña Rosalía!!!! A esta polbiña encántalle ler, e invitounos a baixar ao cole dos maiores a visitar este espazo e a gozar da lectura de mil aventuras!!!! Ten por seguro que iremos a visitarte, Rosalía!



martes, 4 de octubre de 2022

O porcoespín de Alicia

 Hoxe a Liliña Alicia trouxonos unha sorpresa.... unha púa de porcoespín!!!! Un animaliño que, cando ten medo e quere defenderse, coloca as súas grandes púas puntiagudas para que non o toquemos, pois... pinchan, pinchan moito!!! Que grandes e duras son!!! E pinchan, vaia se pinchan!!!






Moitas grazas, Alicia por compartilo con nós!!!!

viernes, 30 de septiembre de 2022