viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

Sen dúbida, a pandemia esta cambiando as nosas vidas e, por conseguinte, as nosas aulas... Empezamos este curso sen poder festexar, como se merece, a nosa gran festa das cabazas... o Samaín! Pese a non poder traer as cabazas ao cole, esperamos que o gocedes nas vosas casas cos pequechos e pequechas.

Para amenizar este fin de semana, vos deixamos unha serie de recursos que seguro que lle gustarán moito os votos fillos e fillas.












Un saúdo das profes!

jueves, 15 de octubre de 2020

jueves, 1 de octubre de 2020

ANIVERSARIOS SETEMBRO NA CLASE LILA

Neste primeiro mes do curso, festexamos o aniversario da liliña Martina... 

PARABÉNS PEQUERRECHA!!!!

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Risas, nervios, choros... Todas estas sensacións describen perfectamente os comezos de curso cada ano, especialmente, o comezo dos máis pequechos e pequechas do cole. O tempo "oficial" de adaptación xa rematou e o superamos con máis ou menos obstáculos. Dende aquí quero felicitarvos a todos e a todas, pois as mestras somos conscientes das dificultades que supón este periodo, tanto polas características especiais do horario, como polos momentos das separacións, da adaptación a novas normas... Parabéns familias!!!! Todo está superado!!!

Nestes primeiros días empezamos pouquiño tempo, coñecendo os espazos, aos amigos e amigas, aos profes, descubrindo os xoguetes e os novos materiais... e aínda que, ás veces, tiñamos un pouquiño de medo e inquedanza pola nova situación, podemos dicir cun gran sonriso que... XA FORMAMOS PARTE DA CLASE LILA!!!!! 

Queredes ver como o pasamos estes días... Pois mirade, mirade...








  
 



 

 











 

 



 





 


 


 


E a partir de agora... COMEZA A AVENTURA!!! BENVIDOS E BENVIDAS AO COLE, PEQUES!!!!