martes, 21 de noviembre de 2023

EXPERIMENTOS MUSICAIS!

 Hoxe tivemos unha visita especial. A profe Ana da biblioteca veu a vernos para facer uns experimentos onde a música era a protagonista, porque... con todo se pode facer música!!!! E así é, con agua e uns cantos vasos e copas... vaia orquestra máis chula fixemos!!!!




OBRADOIRO POLA IGUALDADE

 Onte os peques de infantil fixemos unha actividade para promover a igualdade dos nenos e nenas, grazas á colaboración da ANPA. Con esta actividade quedounos clariño que todos e todas somos diferentes pero todos e todas temos os mesmos dereitos, todos e todas podemos xogar a calquera cousa, todos e todas podemos ser o que queiramos ser... 





lunes, 20 de noviembre de 2023

MAGOSTO 2023

O venres festexamos no cole a festa máis rica de todo o outono... O Magosto!!!! 

Despois do recreo, baixamos ao cole dos maiores co noso vasiño colgado no pescozo, preparados para encher a nosa barrigola de saborosas castañas!!!!

E que ricas estaban... Mirade, mirade como nos puxemos....






Aproveitamos a ocasión que nos ofrece o blog para agradecervos a vosa colaboración na festa... Moitas grazas por esas castañas, familias!


E que... VIVA O MAGOSTO E AS CASTAÑAS!!!!




martes, 14 de noviembre de 2023

UNHA CHEA DE FAMILIAS!

Hoxe tivemos no cole un contacontos moi especial!!! Dende a Fundación Igualarte viñeron a facernos unha pequena obra teatral onde puidemos ver os diferentes tipos de familias que existen, todas especiais e distintas... Que marabilla!!!! 






Despois do contacontos fixemos coa axuda dos monitores, uns móbiles para clase que representaban cada unha de esas familias! Que ben o pasamos pintando, creando, debuxando... Mirade, mirade...

      



Ao acabar o día, acordamos que cada un ten a súa familia, unha propia e que pode estar formada por xente moi diversa: avós, tíos, tías, madriñas, mamás, papás... pero o que nos quedou máis claro é que a nosa é a mellor do mundo mundial!!!

lunes, 13 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE OUTUBRO NA CLASE VERDE

                                            No mes de outubro estivo de aniversario Kira


                                                               Parabéns polos 4 anos!!!

ANIVERSARIO DE SETEMBRO NA CLASE VERDE

 

 No mes de setembro estivo de aniversario Álvaro


   
Parabéns polos 4 anos!!!