martes, 21 de diciembre de 2021

BO NADAL!!!

Pois si, xa acaba o primeiro trimestre e con el chega a nosa festa favorita... o Nadal!!!! Levamos días nerviosos, decorando o cole, escoitando e bailando panxoliñas, elixindo xoguetes e escribindo cartas... E hoxe, por si iso fora pouco... visita dos REIS MAGOS!!!! Por supuesto, deixámoslles as nosas cartas e explicámoslles o bos e boas que fomos e o moito que traballamos... Seguro que as súas maxestades terán en conta isto e cumprirán todos os nosos desexos!




E as profes esperamos que así sexa, peques!!! Que non se apaguen os vosos sorrisos, pese a estes anos que levades vivindo!!! Sodes, sen dúbida, os e as mellores!

Moitas grazas pola visita, Melchor, Gaspar e Baltasar!!! E moitas grazas a ANPA, por xestionar a viaxe desde Oriente!!!!

Aproveitamos este post para darvos as grazas por acompañarnos de novo neste trimestre e para desexarvos a vós, familias unhas moi felices festas!!!! Gozade dos vosos e das vosas peques, descansade e vémonos no 2022!!! Mil bicos a todos e todas!!!!

Inés, Nuria, Pili e Sonia


ANIVERSARIOS DE DECEMBRO NA CLASE VERDE

Estas peques da clase verde estiveron de aniversario en decembro.

  

Parabéns Amelia e Martina!


ANIVERSARIO DE NOVEMBRO NA CLASE VERDE

 Este peque da clase verde estivo de aniversario en novembro.



Parabéns Telmo!

ANIVERSARIO DE OUTUBRO NA CLASE VERDE

Esta peque da clase verde estivo de aniversario en outubro. 


Parabéns Nami!
 

ANIVERSARIOS DECEMBRO NA CLASE LILA

E xa temos ás últimas liliñas en cumprir 4 anos... Atenea, Alma e Area!!! 




Parabéns, peques!!!! Agora a polos 5!!!!

lunes, 20 de diciembre de 2021

PíO PÍO!!!

As mamás e os papás "Galiñas" do Rosalía fixémolo tan ben e coidamos tanto dos ovos que... Xa temos pitiños!!!!! Estamos moi emocionados!!!! Da gusto velos picar o ovo e saír... Agora en todo o noso "chalecito" escoitamos "pío, pio"... Benvidos!!!!









viernes, 17 de diciembre de 2021

A "Apalpadora"

 Onte tivemos unha visita moi especial... a irmá do apalpador!!!! Veu contarnos que, se nos portamos ben e comemos moito, pode que teñamos unha sorpresa do seu irmán, un señor que vive no Courel e que en vez de ter barba branca... tena laranxa!!!!! Agardámoste, Apalpador!!!





miércoles, 1 de diciembre de 2021