viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

 Aínda que este ano tampouco poidemos festexar o Entroido como se merece, nos queriamos que outro ano o coronavirus gañara o pulso á festa, así que decidimos darlle un pouco de cor a este ano e como??? 

O mércores comezamos a ambientarnos levando algo na cabeza... E tivemos de todo: piratas, rockeras, princesas, rás, superheroes e superheroínas... 














O xoves, seguimos coa festa e esta vez teriamos que traer a pernas ben decoradas, cuns calentíns por fóra que encheran de cor os nosos andares... Íamos ben simpaticos, non si?






 





E como fin de festa, que mellor que poñer as nosas mellores galas!!! Disfrace libre para todos e todas!!! Guapos e guapas non... o seguinte!!! O cole encheuse de princesas, superheroes e superheroíñas, policias, bombeiros, animaliños,... Que ben o pasamos!!! Chinca coronavirus, que as risas non no las quitas!!!





Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa implicación nos mandadiños, sen vós esto non tería sentido. Mil grazas, familias!!!Bo entroido a todos e a todas!!! Vémonos o xoves!






miércoles, 23 de febrero de 2022

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO NA CLASE LILA

 Este mes festexamos o aniversario da liliña Alejandra... PARABÉNS PEQUECHA!!!!



DÍA DE ROSALÍA

Hoxe festexamos o Día de Rosalía. No cole dos peques, tamén quixemos facer a nosa homenaxe á nosa querídisima escritora e poeta, a que todos e todas levamos moi presente por levar o noso cole o seu nome... E para iso fixemos un mural de pensamentos en homenzaxe e ela. Que vos parece???




Os nosos compis maiores, tamén puxeron o seu graniño de area... Mirade, mireade, que ata saíron no xornal!!!!

EL PROGRESO



martes, 22 de febrero de 2022