viernes, 22 de noviembre de 2019

PIZARRAS NO PATIO!!!

Esta semana estreamos novo xogo no patio... unhas pizarras chulísimas de flores!!!!! Que emocionados estabamos cos xices e os borradores!!!! Corazón, flores, letras... fixemos de todo!!!! E aínda que os abrigos acabaron cheos de cores, pasámolo pipa!!!!





Nota das profes: estes días hai moitísima ilusión coas pizarras e os xices, así que seguramente algún e alguna leva o abrigo cheíño de xiz. Esperamos que ao longo das semanas empecen a utilizar mellor os borradores e menos "as mangas". Perdoade e grazas pola comprensión!

lunes, 18 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

E despois de ter que aprazala por mor do tempo, por fin chegou a festa por excelencia do outono... O MAGOSTO!!!! Que ganiñas tiñamos de comer castañas e de gozar cos maiores no patio grande!!! Ataviados con nosos cucuruchos, baixamos despois do recreo a comer as castañas. Estaban un pouco duras de pelar, pero os rapaces e rapazas maiores, botáronnos unha man! Que ricas!!!!