miércoles, 28 de junio de 2023

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS ESCOLARES (2023-24)

Ola familias!

Deixámosvos a LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO e de MATERIAIS ESCOLARES para o curso que ven.
Traede só o material cando o teñades todo comprado, nunha bolsa pechada que teña o nome e o curso do voso fillo/a por fóra, así poderedes deixalo no patio e evitaremos entrar nas aulas cargados. Non vos preocupedes, cando os nenos e nenas estean dentro, as profes iremos recollendo as bolsas sen problema, vale? 
Graciñas familias! Bo verán!

PERIODO DE ADAPTACIÓN (2023-24)

Ola familias e... benvidos e benvidas ao Rosalía de Castro!!!! Graciñas por elexirnos!!! 

Para que poidades organizar setembro, aquí vos deixamos o PERÍODO DE ADAPTACIÓN dos máis peques! Este ano somente durará 5 días, mais non vos preocupes, xa veredes como todo vai a ir ben. Nesa semana de iniciación ao cole iremos pouquiño a pouco para que todos e todas nos vaiamos coñecendo e que a nosa entrada no cole sexa xenial!!!! De todas formas e por se tedes algunha dúbida antes de comezar o curso, faremos unha reunión o 6 de setembro ás 12:30 no edificio de Infantil.

Lembrade que, por protección de datos, non podemos poñer os nomes enteiros dos vosos fillos e fillas, polo que os grupos están marcados alfabéticamente polo primeiro apelido, vale? Calquera dúbida que teñades, podedes chamar ao cole nestes días.

Un saúdo, gozade do verán e... vémonos en setembro!!!!


miércoles, 21 de junio de 2023

ANIVERSARIOS DE XUÑO E VERÁN NA CLASE AZUL

 Nos días que van do mes de xuño na clase azul estiveron de aniversario Julia E. e Carmen G. Ao longo do verán tamén estarán de cumple Antía, Noa G., Manuela, Noel, Adriana, Chloe, Frida e Eric.






















Parabéns a todos polos 5 anos!!!

lunes, 5 de junio de 2023

ANIVERSARIOS DE MAIO NA CLASE VERDE

                        No mes de maio estiveron de aniversario Gael López e Sabela Rodríguez .




Parabéns aos dous polos 4 anos!