Para festexar ben o inicio de curso, os nenos e nenas da clase lila queriamos facer unha pequena festa e, como en todalas festas, necesitamos un brindis con viño!!!! Pero de onde iamos a quitar o viño??? Pois facendo o noso propio mosto na nosa propia vendima! Así que coa axuda da profe Sonia puxémonos mans á obra...
Aproveitando que as uvas están xa perfectas, saímos a recollelas á nosa viña improvisada entre as árbores do cole...
...e despois de desgranar ben os acios....
... tivemos que aplastar as uvas cos pés!!!!
Estivo moi divertido, aínda que algún e algunha de nós non quixemos facelo porque nos daba un poquiño de "noxo". Pero tivemos moita sorte porque... despois de traballar duramente como vendimadores e vendimadoras, esperábanos a profe Sonia cun caldeiro de agua ben quentiño para lavar os nosos pés!!! Nin no mellor spa!!!! Grazas profe Sonia polas masaxes!!!!
Aplastadas as uvas e feito o noso "mosto", tocaba esperar para poder tomalo, porque tiña que repousar para que estivera rico... E así o fixemos!!! Cando estivo listo, puidemos facer un superbrindis na merendola co noso propio mosto: "Colleita lila 2018". Chin chin!!!!
Que boa maneira de empezar o curso... Isto promete!!!
Gracias Nuria.....Cesar vino feliz fue una experiencia inolvidable....y lo mejor probar el vino de niños jaja ....
ResponderEliminarjajaja... Antes de empezar coa vendima, cando lles expliquei o que iamos facer, algún xa me dixo: "¿vino? ¿y lo vamos a probar?" "nosotros no podemos que nos ponemos borrachitos..."
EliminarO do viño de nenos/as sen alcohol, convenceunos un pouco máis. Sonche consumidores responsables!!! jejeje... Que sigan así!!!
Sois geniales!! Alejandra lo contó en casa como una súper experiencia. Su sonrisa valía la pena. Muchas gracias!!
ResponderEliminarMoitas grazas!!! Alegrome moito de que Alejandra fora contenta a casa coa experienza! Ese sorriso vale millóns! A verdade é que é un encanto e adaptouse moi ben a aula... Xa unha liliña máis!
EliminarA verdade é que o pasamos moi ben... Tedes uns fillos e unhas fillas que se emocionan con todo! É xenial traballar así! Soamente houbo algún e algunha que o de pisar... como que non o vía moi ben, jejeje. O noso viño (colleita "Greip") estaba riquísimooooo, aínda que tamén tivemos que non o quixo probar mentres lle escoitaba dicir polo baixiño "yo no lo pruebo, que está de pies" jejejejeje. Bendita inocencia!
ResponderEliminarMoitas grazas polos vosos comentarios!!!
Graciñas Nuria,da gusto velo interese e as ganas que tes para que os nosos nen@s aprendan.Celia chegou entusiasmada o día da vendima, na casa da tía de Celia tamén fan viño e preguntoulle se podía ir este ano que ela xa sabía....Graciñas de novo
ResponderEliminarMuchas gracias, por las fotos y por mantenernos al dia de las actividades de los peques ! un cordial saludo para todo el equipo.
ResponderEliminar