Pois si, xa chegamos ao final do curso case sen darnos de conta... Pero nada de penas, pois para rematar tivemos unha gran festa!!!!
O martes despedímonos dos nosos compis da clase verde, que comezan unha nova andaina no cole de Primaria... Que maiores!!! Se fai nada estaban entrando pola porta, con moito medo e inseguirdade, e agora.... xa son uns chicos e chicas!!!! Mirade que maiores!!!!
A profe Pili e o resto das profes queren desexarvos moita, moita sorte nesta nova etapa que empezades que seguro estará chea de aventuras novas. Lembrade que, aínda que xa sexades de Primaria, sempre teredes un sitio neste "chalet" e no corazón das vosas profes de mandilón!
E seguimos de troula... O mércores os maiores viñeron a representarnos uns contos chulísimos, nos que tiñan cabida tanto un neno chiquitín que se converteu nun superheroe, una cabaza parlanchina e ata unha caca sen dono... Que ben o fixeron!!!! E que boa maneira de dicir... ata o curso que ven!!!!
Aproveitamos o blog para darvos de novo as grazas a vós familias, sen vós o noso traballo non tería ningún sentido. Levamos anos complicados, pero coa vosa axuda e apoio, todo é moito máis levadeiro. Así que grazas, mil grazas a todos e todas! Gozade do verán cos peques e vémonos en setembro con forzas renovadas!
Bicos de Inés, Nuria, Pili e Sonia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario