Fai uns días, vernos a visitar ao cole, uns soldados romanos para ensinarnos como era a súa vestimenta e o seu traballo na tropa romana. Ademais, faláronnos dunha festa que había en Lugo, o Arde Lucus, e invitáronnos a ir visitar o seu campamento cando chegara o día, e por suposto... Nós aceptamos!!!!!
Hoxe descubrimos como era un campamento romano, como vivían e como entrenaban para conseguir ampliar o Imperio. Ademais, puidemos ver todo o ambiente romano que vai empapar a nosa cidade nestes días.... Pois si que é Lugo unha auténtica cidade romana!!!!
Agora tócanos gozar do noso primeiro gran Arde Lucus, así que xa sabedes... Ave César!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario