Hoxe, a polbiña Rosalía, a nosa mascota de biblioteca, tiña unha misión para nós... explorar o parque de Rosalía de Castro a fondo, e descubrir todo todo o que escondía... Así que, desoís de chegar ao cole e traballar un pouquiño, marchamos para alí a fixarnos en todo!!!!
Atopamos non só os columpios, senón un montón de flores e plantas, un templete de música, moitas estatuas, máis dunha fonte con sorpresas, unha árbore con historia, un estanque con patiños, un mapa con ríos e... á nosa Rosalía de Castro!!!! Cantos segredos esconde o parque, non si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario