Risas, nervios, choros... Todas estas sensacións describen os comezos de curso dos máis pequechos e pequechas do cole. O tempo "oficial" de adaptación xa rematou e está... superado!!!! Dende aquí queremos felicitarvos a todos e a todas, pois as mestras somos conscientes das dificultades que supón este periodo, tanto polas características especiais do horario, como polos momentos das separacións, da adaptación a novas normas... Parabéns familias!!!! E sobre todo... Parabéns peques!!! Sodes uns e unhas "champions"
Nestes primeiros días empezamos pouquiño tempo, coñecendo espazos, amigos e amigas, profes, descubrindo os xoguetes e os novos materiais... Queredes velo??? Pois mirade, mirade...
BENVIDOS E BENVIDAS Á CLASE LILA!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario