Sapos, bruxas e curuxas... e sobre todo, cabazas, moitísimas cabazas!!!! Xa está aquí de novo a primeira gran festa do curso: o Samaín!!!!
Aproveitando o proxecto do centro moitos e moitas fixemos unha cabaza onde a música é a gran protagonista! Partituras, músicos, notas musicais... pero, ademais, na nosa exposición tamén tivemos cabazas bruxas, cabazas zombies, cabazas momias, cabazas unicornios... Mirade que orgullosos e orgullosas posamos coas cosas cabazas...
E para completar a festa que mellor que un contacontos monstruoso... A polbiña Rosalía e a súa amiga, a profe Ana da biblioteca, viñeron a contarnos un conto moi chulo dun neno moi medorante chamdao Fiz! Fiz tiña medo a todo, pero descubriu que o mellor que podía facer era gardar e coleccionar os seus medos nunha maleta e rirse de eles para que se fixeran cada vez máis pequenos ata que desapareceran... Ben feito Fiz!!!!
E xa só nos queda desexaros a todos e a todas.... FELIZ SAMAÍN! Gozade da festa cos peques!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario