viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

Esta semana, os nenos e nenas de Educación Infantil, estivemos traballando sobre a paz. Cando falamos de ela nas aulas, saíron cousas tan bonitas como a amizade, o amor, os bicos, os agarimos, o perdón, a necesidade de falar para arranxar os problemas, o compartir e xogar xuntos,... Así que, dado que este ano é o ano do Patrimonio e o noso leva da paz e "Abre a muralla", fixemos unhas chaves con palabras de paz para poder abrir a nosa muralla. Mirade que chula!!!!


Pero a festa da paz non rematou aí. O xoves fixemos unha carreira solidaria no patio dos maiores para axudar a ONG "Save the Children" a conseguir fondos que axuden aos nenos e nenas que non teñen tanta sorte coma nós. Todos e todas corremos superrápido e chegamos a meta despois dunha carreira trepidante. 






Tan ben, tan ben o fixemos, que a profe Sonia tiña preparadas unhas medallas chulísimas que recibimos moi orgullosos depois da nosa gran carreira!








E por si iso fora pouco, tamén bailamos a canción "Abre la muralla". Debido ao tempo non podemos ir a bailarla cos maiores, pero fixemos unha pequeno "ensaio" no hall... Aí vos deixamos un trociño.


Por si quereres escoitala cos vosos fillos e filas, aí van algunhas das versións que escoitamos.



E que... VIVA A PAZ!!!

2 comentarios: