Hoxe comezamos as xornadas de Horto Escolar!!!
Este curso, a nosa profe de horto, chámase Tania e é moi divertida! Comezou explicándonos o que ía pasar: se plantamos a semente e a regamos.... poderemos trasplantar as nosas plantiñas á horta e velas crecer!!!!
Así que puxémonos mans á obra: os de 3 anos plantamos rabanitos, os de 4 xirasoles e os de 5 cebollino.
Agora toca coidalos moito e esperar... Dentro de 15 días volverá Tania e... a ver que pasa!!! Seguiremos informando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario