E no último mes do ano temos de aniversario a Fátima, Thiago Quintela e Mateo Díaz...
Parabéns, peques!!! Agora xa temos todos e todas 3 aniños!!!!
E no último mes do ano temos de aniversario a Fátima, Thiago Quintela e Mateo Díaz...
Parabéns, peques!!! Agora xa temos todos e todas 3 aniños!!!!
No mes de novembro na clase verde estiveron de aniversario Sabela e Anxo Moure, Martín Riveiro, Antón e David.
No mes de novembro na clase azul estiveron de aniversario Pepa, Luan e Noa F.
Parabéns aos tres polos 5 anos!!!
Hoxe tivemos unha visita especial. A profe Ana da biblioteca veu a vernos para facer uns experimentos onde a música era a protagonista, porque... con todo se pode facer música!!!! E así é, con agua e uns cantos vasos e copas... vaia orquestra máis chula fixemos!!!!
Onte os peques de infantil fixemos unha actividade para promover a igualdade dos nenos e nenas, grazas á colaboración da ANPA. Con esta actividade quedounos clariño que todos e todas somos diferentes pero todos e todas temos os mesmos dereitos, todos e todas podemos xogar a calquera cousa, todos e todas podemos ser o que queiramos ser...
O venres festexamos no cole a festa máis rica de todo o outono... O Magosto!!!!
Despois do recreo, baixamos ao cole dos maiores co noso vasiño colgado no pescozo, preparados para encher a nosa barrigola de saborosas castañas!!!!
E que ricas estaban... Mirade, mirade como nos puxemos....Hoxe tivemos no cole un contacontos moi especial!!! Dende a Fundación Igualarte viñeron a facernos unha pequena obra teatral onde puidemos ver os diferentes tipos de familias que existen, todas especiais e distintas... Que marabilla!!!!
Ao acabar o día, acordamos que cada un ten a súa familia, unha propia e que pode estar formada por xente moi diversa: avós, tíos, tías, madriñas, mamás, papás... pero o que nos quedou máis claro é que a nosa é a mellor do mundo mundial!!!
Sapos, bruxas e curuxas... e sobre todo, cabazas, moitísimas cabazas!!!! Xa está aquí de novo a primeira gran festa do curso: o Samaín!!!!
Aproveitando o proxecto do centro moitos e moitas fixemos unha cabaza onde a música é a gran protagonista! Partituras, músicos, notas musicais... pero, ademais, na nosa exposición tamén tivemos cabazas bruxas, cabazas zombies, cabazas momias, cabazas unicornios... Mirade que orgullosos e orgullosas posamos coas cosas cabazas...
Esta semana tivemos unha pequena excursión... fumos ao cole dos maiores a coñecer a unha nova amiga... a polbiña Rosalía!!! Rosalía é unha polba que chegou ao cole moi asustada polo San Froilán, escapando das casetas porque non quería que a comeran, e como lle gustan moito os libros e os contos, decidiu quedarse a vivir na nosa bilioteca. Ela é a encargada de coidar e vixiar a nosa biblio e de traernos novas aventuras en formato de libro!
Ana, a profe que leva a biblioteca do noso centro, invitounos a coñecela e ademais deixounos descubrir moitos dos libros que hai nela... voltaremos, seguro!!!!
E empezamos xa cos cumpres!!!!! Este mes de setembro celebramos o aniversario de Thiago Prado...