viernes, 1 de marzo de 2019

UN ENTROIDO DE PATRIMONIO

E chegou o día... Despois de xornadas traballando na aula e na casa coas nosas familias, poidemos locer as nosas mellores galas de Entroido! 
Este ano, como o proxecto do cole é o Patrimonio baixo o lema: "Patrimóniate!" fixemos un desfile de Entroido moi especial, onde tiveran cabida moitos dos Patrimonios da Humanidade máis coñecidos: o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo, a Muralla China,... 
Os nenos e nenas de Educación Infantil decidimos representar a unha das culturas máis misteriosas do mundo: Exipto e as súas pirámides!!!! Pero que guapísimos e guapísimas iamos con todas as cosas xoias douradas... canto luxo!!!! Mirade, mirade...






 Xa ataviados, comezamos o desfile coas nosas pirámides: Kefrén, Keops e Micerinos!!! E ata levábamos un sarcófago... o sarcófago de Tutankamón! Fixémolo moi ben, non si?




























Pasámolo xenial!!!! Que bo comezo das vacacións!!! Agora a gozar do Entroido en familia! Vémonos o xoves, 7 de febreiro!

Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas a vós, familias, pola vosa colaboración na confección dos traxes. Sen vós, esta festa sería imposible! Grazas, grazas, grazas! 

Un saúdo das profes!

4 comentarios: