lunes, 11 de marzo de 2019

A MURALLA DAS MULLERES

O venres foi o "Dia da muller traballadora" e os nenos e nenas de Educación Infantil tamén quixemos festexalo. Para empezar estivemos falando nas aulas e todos e todas quedamos en que podiamos ser o que quiramos de maiores: policías, médicos e médicas, garda civís, veterinarios e veterinarias... Porque podemos facer todo o que nos propoñamos!
Ademais logo descubrimos que fai moito tempo non se lles deixaba as chicas facer certas cousas... Quedamos mois abraiados... como podía ser que unha chica non podía estudar para ser médica ou non podía conducir??? Pareceunos moi raro e non o entendiamos porque nós, os nenos e nenas do futuro, queremos e podemos ser calquera cousa que nos propoñamos e nas nosa aulas, como ben dixeron, entramos todos e todas e todos e todas podemos xogar a todo! (Grandes e emocionantes conversas, tiñades que oilas!!!!).
Así que, para axudar Aos maiores do cole a facer unha gran muralla de mulleres, nós tamén fixemos as nosas pedras coas nosas mulleres pioneiras. Aquí as tedes:

Celia Rivas. A primeira conductora de camións (3 anos)


Olimpia Valencia. A primeira médica (4 anos)


Exeria. A primeira escritora (5 anos)


Coa nosa pedra, construimos unha muralla para loitar pola igualdade!!! Porque, como dixo algún por aquí: "Pues yo también quiero que estén las chicas conmigo aquí, que son mis amigas!"
Oxalá todos e todas sentiran e actuaran cos ollos dos vosos fillos e fillas!




1 comentario:

  1. Es impresionante ver que quienes nos dan lecciones de convivencia e igualdad son los peques a nosotr@s!!! Gran trabajo hacéis en el cole con ellos!!! Gracias!!!!!

    ResponderEliminar