martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN 2023

Sapos, bruxas e curuxas... e sobre todo, cabazas, moitísimas cabazas!!!! Xa está aquí de novo a primeira gran festa do curso: o Samaín!!!! 

 

 Aproveitando o proxecto do centro moitos e moitas fixemos unha cabaza onde a música é a gran protagonista! Partituras, músicos, notas musicais... pero, ademais, na nosa exposición tamén tivemos cabazas bruxas, cabazas zombies, cabazas momias, cabazas unicornios... Mirade que orgullosos e orgullosas posamos coas cosas cabazas...

 




E para completar a festa que mellor que un contacontos monstruoso... A polbiña Rosalía e a súa amiga, a profe Ana da biblioteca, viñeron a contarnos un conto moi chulo dun neno moi medorante chamdao Fiz! Fiz tiña medo a todo, pero descubriu que o mellor que podía facer era gardar e coleccionar os seus medos nunha maleta e rirse de eles para que se fixeran cada vez máis pequenos ata que desapareceran... Ben feito Fiz!!!!
 

E xa só nos queda desexaros a todos e a todas.... FELIZ SAMAÍN! Gozade da festa cos peques!!!!



viernes, 20 de octubre de 2023

COÑECENDO A BIBLIOTECA

Esta semana tivemos unha pequena excursión... fumos ao cole dos maiores a coñecer a unha nova amiga... a polbiña Rosalía!!! Rosalía é unha polba que chegou ao cole moi asustada polo San Froilán, escapando das casetas porque non quería que a comeran, e como lle gustan moito os libros e os contos, decidiu quedarse a vivir na nosa bilioteca. Ela é a encargada de coidar e vixiar a nosa biblio e de traernos novas aventuras en formato de libro!

Ana, a profe que leva a biblioteca do noso centro, invitounos a coñecela e ademais deixounos descubrir moitos dos libros que hai nela... voltaremos, seguro!!!!