Hoxe, 8 de marzo, é un día moi especial... o día de todas as mulleres. Nas clases estivemos falanado das nosas nais, das nosas avoas, do moito que traballan e do moito que nos queren... que fairamos sen elas!!!! Pero tamén de que todos e todas, podemos ser o que queiramos, polícias, bailarines e bailarinas, futbolistas, bombeiros e bombeiras, veterinarios e veterinarias, astronautas, médicos e médicas... de todo!!!! E da igual que sexamos nenos ou nenas, verdade?... "pues claro, profe... que tontería!" (que marabilla escoitar cousas así!)
E para lembrar isto, hoxe tivemos un contacontos especial!!! Hugo, o cociñeiro de historias trouxonos, non un, senón tres historias chulísimas!!! O conto dunha Brancaneves farta de limpar, pasar o ferro, cociñar... para 77 ananiños, a historia dunha nena e dun neno que aprenderon que o mundo estaba cheo de cores e que non tiñan por que ser rosas nin azuis, e a lenda da Pirata Daniela, unha nena que loitou duramente polo seu soño de ser a mellor pirata do mundo!!!
Mirade que atentos e atentas estabamos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario