jueves, 31 de marzo de 2022

BREOGÁN

 Hoxe tivemos unha vista de altura... os xogadores do C.B Breogán!!! Que altos e que fortes están!!! O seu segredo, comer moita froita e verdura, e entrenar moito, moito!!!





Os e as peques do Rosalía estamos a tope co BREO... B R E O G Á N!!!! B R E O G Á N!!!!


ANIVERSARIOS DE MARZO NA CLASE LILA

 Este mes festexamos os aniversarios de Martín, Alén, Yara, Marcos e Bieito... 







PARABÉNS, PEQUES!!!!!


miércoles, 23 de marzo de 2022

EMONSTRUITOS

 Hoxe, os nenos de 4 e 5 anos tivemos unha actividade chulísima!!! A fundación Mapfre da man da detective Noelia, presentáronnos unos monstruitos de emocións, uns bichiños que non pican cando estamos contentos, trsiter, enfadados ou asustados... os Emonstruitos!!!!

Aquí os tedes...


Canto aprendemos!!! Agora xa sabemos relaxarnos se nos pica Edi, ou solucionar os problemas cando nos pica Mati ou Toti! 



Os nosos compis de 3 anos, tamén serán "picados" nuns días polos Emonstruitos, e seguro que a eles tamén lles gusta a súa canción... A nós encantounos!!!!

                                            

lunes, 21 de marzo de 2022

martes, 8 de marzo de 2022

DIA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, é un día moi especial... o día de todas as mulleres. Nas clases estivemos falanado das nosas nais, das nosas avoas, do moito que traballan e do moito que nos queren... que fairamos sen elas!!!! Pero tamén de que todos e todas, podemos ser o que queiramos, polícias, bailarines e bailarinas, futbolistas, bombeiros e bombeiras, veterinarios e veterinarias, astronautas, médicos e médicas... de todo!!!! E da igual que sexamos nenos ou nenas, verdade?... "pues claro, profe... que tontería!" (que marabilla escoitar cousas así!)

E para lembrar isto, hoxe tivemos un contacontos especial!!!  Hugo, o cociñeiro de historias trouxonos, non un, senón tres historias chulísimas!!! O conto dunha Brancaneves farta de limpar, pasar o ferro, cociñar... para 77 ananiños, a historia dunha nena e dun neno que aprenderon que o mundo estaba cheo de cores e que non tiñan por que ser rosas nin azuis, e a lenda da Pirata Daniela, unha nena que loitou duramente polo seu soño de ser a mellor pirata do mundo!!! 

Mirade que atentos e atentas estabamos...





Aí volos deixamos, por se queredes voltar a velos cos peques...






Aproveitamos o blog para darlle as grazas a ANPA pola organización da actividade... Encántounos!!! 
E o mensaxe quedou claro... Non hai mellor pagamento que escoitar entre os nenos e nenas: 
"eso no es justo para Daniela!!!"