Hoxe tivemos unha visita con agasallo, un agasallo moi especial!!!! A partires de xa, ímonos converter en papás e mamás!!! E como pode ser iso?... Pois porque nos trouxeron ao cole uns ovos dunhas das nosas galiñas máis galegas, a galiña de Mos!!! Os ovos veñen nunha incubadora, para que non pasen frío, e contáronnos que, se os coidamos moi ben, cando pasen 21 días, teremos unha super sorpresa!!!! Uns pitiños chulísimos!!!!
Nós imos a poñer todo da nosa parte e prometemos ser uns bos galos e galiñas para que poidamos ter o primeiro nacemento de pitos do Rosalía!!! Que guai!!! Seguirémosvos informando da nosa "pequena granxa"...
Que emoción! Seguro que o facedes xenial!
ResponderEliminar