lunes, 29 de noviembre de 2021

PITIÑOS DE MOS!

 Hoxe tivemos unha visita con agasallo, un agasallo moi especial!!!! A partires de xa, ímonos converter en papás e mamás!!! E como pode ser iso?... Pois porque nos trouxeron ao cole uns ovos dunhas das nosas galiñas máis galegas, a galiña de Mos!!! Os ovos veñen nunha incubadora, para que non pasen frío, e contáronnos que, se os coidamos moi ben, cando pasen 21 días, teremos unha super sorpresa!!!! Uns pitiños chulísimos!!!!

Nós imos a poñer todo da nosa parte e prometemos ser uns bos galos e galiñas para que poidamos ter o primeiro nacemento de pitos do Rosalía!!! Que guai!!! Seguirémosvos informando da nosa "pequena granxa"...





viernes, 26 de noviembre de 2021

NÓS DICIMOS NON!!!

 O xoves, 25 de Novembro, foi o día contra a violencia de xénero, e os peques e as peques do Rosalía, quixemos aportar o noso grao de area a esta causa, pois cremos que ninguén debe utilizar a violencia contra ninguén. E para que lle quede claro a todo o mundo, todos e todas fixemos uns carteis coas nosas mans rexeitando a violencia, dicindo, ben alto e ben claro: NON! 











jueves, 11 de noviembre de 2021

A VISITA DOS MUSEOS

O martes tivemos unha visita moi especial... Os museos de Lugo viñeros a vernos ao cole!!! Como levamos tempos ser ir de excursión, e non podemos ir nós, pois se Mahona non vai a montaña... 

E grazas á visita descubrimos que hai catro museos na nosa provincia: unha fortaleza, un do mar, o de Tor e... o Museo de Lugo!!! A nosa cidade é tan importante, que ten museo propio!!! E non un calquera, un cheo de cousas romanas. Javi invitounos a pasar por alí e a axudarlle a facer un crebacabezas moi grande que ten, porque el so non da feito... Un mosaico Romano! Ademais poderemos ver moitas xoias, moitas esculturas e pinturas, vaixelas romanas... Anímadesvos???