Ola de novo a todos e todas e... benvidos/as a un novo curso!!!!
Despois dun verán no que nos tocaba gozar e descansar a tope, voltamos con forzas renovadas para afrontar un novo curso!!!
En primeiro lugar queremos darlles a benvida aos novos e as novas compis de 3 anos que comezan nova andaina no cole... Estamos desexando coñecervos, peques!!! Este é o VOSO PERIODO DE ADAPTACIÓN!
Este curso seguiremos cos protocolos antiCovid, sen moita variación. Os nosos e as nosas peques seguen sen vacinar, polo que convén andar con sentidiño pois, aínda que este virus xa ten os días contados, non debemos baixar a garda. Nos próximos días, colgaránse os novos protocolos da Consellería de cara a este curso na web do cole para que esteades informados, pero xa vos avisamos que non hai moitos cambios, pois seguimos cos grupos burbulla e as medidas de seguridade e hixiene, xa marcadas no curso pasado. Eso si, relaxáronse un poco as medidas nas entradas e saídas ao centro e no uso de material compartido.
Aproveitamos para lembrarvos que todo o material veña etiquetado co nome. Traede só o material cando o teñades todo comprado, nunha bolsa cerrada que teña o nome e o curso do voso fillo/a por fora, así poderedes deixalo no patio e evitaremos entrar nas aulas, xa que este ano tampouco podedes acceder.
Vémonos o día 9 de setembro no horario habitual.
Bicos das mestras!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario