viernes, 10 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS DE VERÁN NA CLASE LILA

 Nos mes de agosto tivemos a tres liliñas de aniversario: Alicia, Noa e Samira... 

PARABÉNS POR ESES 4 ANOS!!!





COMEZAMOS!!!

 Pero que ganiñas tiñamos de vernos, de xogar xuntos e xuntas, de contar o que fixemos no verán!!! Queredes ver que ben o pasamos este inicio de curso????... Pois botade un ollo!
































martes, 7 de septiembre de 2021

CHEGA UN NOVO CURSO!!!!

Ola de novo a todos e todas e... benvidos/as a un novo curso!!!!

Despois dun verán no que nos tocaba gozar e descansar a tope, voltamos con forzas renovadas para  afrontar un novo curso!!! 

En primeiro lugar queremos darlles a benvida aos novos e as novas compis de 3 anos que comezan nova andaina no cole... Estamos desexando coñecervos, peques!!! Este é o VOSO PERIODO DE ADAPTACIÓN!

Este curso seguiremos cos protocolos antiCovid, sen moita variación. Os nosos e as nosas peques seguen sen vacinar, polo que convén andar con sentidiño pois, aínda que este virus xa ten os días contados, non debemos baixar a garda.  Nos próximos días, colgaránse os novos protocolos da Consellería de cara a este curso na web do cole para que esteades informados, pero xa vos avisamos que non hai moitos cambios, pois seguimos cos grupos burbulla e as medidas de seguridade e hixiene, xa marcadas no curso pasado. Eso si, relaxáronse un poco as medidas nas entradas e saídas ao centro e no uso de material compartido. 

Aproveitamos para lembrarvos que todo o material veña etiquetado co nome. Traede só o material cando o teñades todo compradonunha bolsa cerrada que teña o nome e o curso do voso fillo/a por fora, así poderedes deixalo no patio e evitaremos entrar nas aulas, xa que este ano tampouco podedes acceder.

Vémonos o día 9 de setembro no horario habitual. 

Bicos das mestras!!!