Os peques e as peques do Rosalía levamos unha semana moi completiña... traballando a tope!!!! E sabedes por que??? Pois porque este mes temos dúas festas super importantes... O día das Letras Galegas e o Día das familias!!!
Levamos días mantendo un secreto, para darlle unha supersorpresa ás nosas familias.... unha postal onde lles dicimos canto os queremos!!! Porque as nosas familias son o mellor, e sempre están aí cando as necesitamos, por iso merecen unha gran celebración e un gran agasallo! Gústouvos??? Fixémolo con moito amor!!!!
Pero a celebración desta semana non remata aí, pois Maio é o mes das Letras, das nosas Letras Galegas. Este ano está adicado á escritora Xela Arias, e como queriamos saber cousas de ela, puxémonos mans á obra... Mirade mireade...
E para rematar tanto traballo, que mellor maneira que escoitar unha boa música galega e botar un pequeno baile, cun dos mellores grupos de música e baile tradicional de Galicia, que temos a sorte de ter en Lugo... Cántigas e Frores!!! A que non hai mellor maneira que festexar o noso día?
Moitas grazas a ANPA por ofrecernos a posibilidade de escoitar e ver esta marabilla e descubrir o noso folklore. E por suposto, a mamá de Iago e aos seus compañeiros e compañeiras por facelo tan tan ben!
Gozade de esta ponte e vémonos o mércores 19!
Encantounos!!! E gardaron moi ben o segredo!! Graciñas polo voso traballo e cariño!
ResponderEliminarA nós tamén!!! Da gusto coas cousas tan chulas que facedes!
ResponderEliminar