Pois xa están aquí as festas do Nadal, e os peques e as peques do Rosalía de Castro quixemos festexalas por todo o alto, con musica, baile e, sobre todo, con moita festa!!!!
O xoves foi o día do festival de Nadal e, como non, nós tamén quixemos participar coa nosa arte. Despois de semanas de duros ensaios, xa estabamos listos e listas para amosar aos maiores do cole, o ben que bailamos e cantamos!
Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas da clase verde, os peques e as peques de 3 anos, que bailaron unha panxoliña moi chula para festexar que agora si, que xa chegou o Nadal, poñendo a todo o cole a brincar e rir!
Os segundos en subir "ao escenario" foros os nenos e nenas da clase azul, os da clase de 4 anos, que non querían deixar ao cole sen unha árbore de Nadal perfectamente decorada, así que con bolas, casados, grilnaldas, etc, puxéronse mans á obra. Quedoulles xenial, non si?
E por último, era a quenda dos raparigos e raparigas da clase lila, os nenos e nenas de 5 anos, que disfrazados dos mesmos reis magos, decidiron cambiar os camelos por unha bicicleta pero, o trueque non lles saiu ben de todo e... Melchor, Gaspar e Baltasar, acabaron rodando polo chan! Mirade, mirade...
O festival non rematou con nós, este ano tivemos a sorte de poder ver a todos os nosos compañeiros e compañeiras de Primaria. Panxoliñas, bailes, obras de teatro,... Que ben o fixeron!!!!
Por si isto fora pouco, o venres tivemos unha nova sorpresa... os Tres Reis Magos en persoa viñeron a vernos e a recoller as nosas cartas!!!!! Aínda que algún de nós se puxo algo nervioso e nerviosa e non quixo acercarse a eles, Melchor, Gaspar e Baltasar levaron todas e cada unha das cartas e prometeron que, se nos portabamos moi ben, iamos ter cumplidas as nosas peticións!!!
Aproveitamos a ocasión que nos da este blog para darvos as grazas pola colaboración e apoio recibidos durante todo este trimestre. Sodes unhas familias fantásticas!!!! Asimismo, queremos desexarvos unhas moi felices festas e unha moi boa entrada no 2020! Gozade destas datas cos vosos fillos e fillas! Vémonos o 8 de xaneiro!
Bicos e apertas grandes das profes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario