Sapos, bruxas e curuxas... e sobre todo, cabazas, moitísimas cabazas!!!! Xa está aquí de novo a festa do Samaín e os peques de Rosalía tamén quixemos adicarlle un tempo esta semana. A festa comezou cunha grande exposición de cabazas... pero que chulas!!!!
Aproveitando o proxecto do centro: "naturalízate", moitos e moitas fixemos unha cabaza onde deixamos ver como os plásticos e a contaminación están acabando co noso planeta pero, ademais, na nosa exposición tamén tivemos cabazas bruxas, cabazas zombies, cabazas momias, cabazas froitas, cabazas unicornios... e ata un spiderman e un monstro das galletas!!!!! Mirade que orgullosos e orgullosas posamos coas cosas cabazas...
Hoxe, como non poidemos ir ao patio, aproveitamos e escoitamos e bailamos unhas das nosas cancións favoritas de Samaín. Queredes escoitalas de novo??? Aquí as tedes...
Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas familias, pola implicación nesta festa tallando as cabazas... Cada ano sorprendédesnos máis.... Sodes uns artistas!!!! E agora soamente queda gozar da festa e da ponte destes días. Pasádeo moi ben e vémonos o luns 4 de novembro! Bicos das profes!
Que chulos todos😍
ResponderEliminar