lunes, 27 de mayo de 2019

VISITA AO MERCADO

Hoxe, ao chegar ao cole, as profes Pili e Nuria tiñan unha sorpresa preparada... unha visita ao mercado!!!! Ao principio, pensamos que iamos a ir ao Gadis, ao Mercadona... Non entendíamos moi ben que era eso do Mercado Municipal e da Praza de Abastos así que, moi emocionados e emocionadas, puxémonos en marcha para descubrir de que se trataba. 



Ao chegar, xa non dimos conta... Moitos de nós temos ido alí a comprar coas nosas familias!!!! 


Anabel, a nosa monitora, recibimos na porta e finos ensinando un por un todos os postos que formar a Praza de Abastos: froitaría, peixería, queixería, chacinaría, carnicería, floristaría, panadaría... e fumos coñecendo a cada unha das pessoas encargadas de cada posto.









Ao rematar, Anabel tiñanos preparado un xogo: o xogo de comer ben! Aprendemos que as chuches, os refrescos, e os pasteis hai que comelos moi de vez en cando e que a agua, as froitas, as verduras, as hortalizas, podemos e debemos comelas todos os días. Como o fixemos tan ben, Anabel agasallounos cunha mochila superchula que podemos pintar con rotus!!!!






Que guay estivo a excursión! Agora xa coñecemos algo máis da nosa cidade!!!!

NOTA ÁS FAMILIAS: Esta visita ao mercado foi de balde, subvencionada polo Concello. Entra dentro das "saídas ao entorno" baixo o programa "pícar@s no mercado".

2 comentarios:

  1. 👏👏👏👏que intrresante!!!
    Gracias profes por la sorpresa

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que si estivo moi interesante, e é unha maneira de coñecer o que temos pretiño de nós!
    Pasáronno pipa!!!!
    Un saúdo e grazas polo teu comentario, Jessica!

    ResponderEliminar