miércoles, 29 de mayo de 2019

CONTACONTOS

Onte tivemos nova sesión de contacontos a cargo dunhas compañeiras de 6º de Primaria. Representáronnos a obra "Velliñas", que trataba sobre dúas avoas amigas que plantaron unha semente que creceu, creceu, creceu tanto, que chegaba ata o ceo. Pero, unha delas, subindo caeu e... bueno, mellor que volo conten as protagonistas....






Despois da respresentación, tíñannos preparados uns xogos chulísimos.... Pasámolo xenial!!!!




Moitas grazas por vir, rapazas!!!!

lunes, 27 de mayo de 2019

VISITA AO MERCADO

Hoxe, ao chegar ao cole, as profes Pili e Nuria tiñan unha sorpresa preparada... unha visita ao mercado!!!! Ao principio, pensamos que iamos a ir ao Gadis, ao Mercadona... Non entendíamos moi ben que era eso do Mercado Municipal e da Praza de Abastos así que, moi emocionados e emocionadas, puxémonos en marcha para descubrir de que se trataba. 



Ao chegar, xa non dimos conta... Moitos de nós temos ido alí a comprar coas nosas familias!!!! 


Anabel, a nosa monitora, recibimos na porta e finos ensinando un por un todos os postos que formar a Praza de Abastos: froitaría, peixería, queixería, chacinaría, carnicería, floristaría, panadaría... e fumos coñecendo a cada unha das pessoas encargadas de cada posto.









Ao rematar, Anabel tiñanos preparado un xogo: o xogo de comer ben! Aprendemos que as chuches, os refrescos, e os pasteis hai que comelos moi de vez en cando e que a agua, as froitas, as verduras, as hortalizas, podemos e debemos comelas todos os días. Como o fixemos tan ben, Anabel agasallounos cunha mochila superchula que podemos pintar con rotus!!!!






Que guay estivo a excursión! Agora xa coñecemos algo máis da nosa cidade!!!!

NOTA ÁS FAMILIAS: Esta visita ao mercado foi de balde, subvencionada polo Concello. Entra dentro das "saídas ao entorno" baixo o programa "pícar@s no mercado".

martes, 21 de mayo de 2019

NOVOS XOGUETES NO PATIO!!!

Xa estamos de volta da ponte das Letras Galegas e hoxe, para empezar, tiñamos unha gran sorpresa no patio... NOVOS XOGUETES!!!! Unha casiña, un tobogán, dous balancíns e ata un coche!!!!! Que chulada!!!!!















viernes, 17 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS

O venres festexamos o día das Letras Galegas, adicado este ano a Antonio Fraguas. Os nenos e nenas de Infantil estivemos traballando uns poemas moi chulos de este autor. Ai vos deixamos uns enlaces por se queredes xogar con eles e elas na casa.







jueves, 16 de mayo de 2019

FROITA FRESCA

Os nenos e nenas de Educación Infantil levamos unhas semanas tomando na merenda moita, moitisima froita: peladillo, plátano, mazá, pera,... pero sen dúbida, a froita que máis nos gusta é a fresa!!!! Que ricas todas elas, e aínda que a algún e algunha nos custou un pouco tomala, todas e todas probámolas pois aprendemos que son moi necesarias para crecer e estar moi sans e fortes!

Mirade como papamos...