Onte e hoxe, os nenos e nenas de 4 e 5 anos fomos a AFundación de Abanca a ver unha exposición de fotos de animais moi especial.
Karina, a nosa monitora, explicounos que este sitio era máxico e que, polas noites, algúns animais escapaban e deixaban todo suciooooo... Quen sería? Coa axuda de Karina convertémonos en investigadores e fomos descrubindo as pistas que había ao longo de todo o museo (pegadas, restos de comida...) para dar con ese animaliños "traviesos". Pero na nosa investigación descubrimos un montón de fotos chulas, como a da familia de osos polares ou a dos golfiños saltando libres no mar, e outras que nos deron moita mágoa, coma a da tartaruga presa no medio da basura do mar ou o orangután encerrado na gaiola.
Despois desta dura investigación, Karina invitounos a facer a nosa propia araña!!! E así o fixemos. Xa no taller, pintamos o corpo da araña de moitos cores e puxémoslles unhas patas longas, longuísimas!!!!
Estas actividades sobre los animales son super divertidas! Y aprenden tanto! Gracias profe por estas iniciativas tan chulas!
ResponderEliminarEstivemos encantados... Agora querer voltar de excursión, pero "esta vez en bus eh, profe!" jejejeje.
ResponderEliminarGrazas a vós! Nós encantadas de facer cousas que lles gusten e aprendan ao tempo.
Un saúdo