viernes, 20 de diciembre de 2019

NADAL 2019

Pois xa están aquí as festas do Nadal, e os peques e as peques do Rosalía de Castro quixemos festexalas por todo o alto, con musica, baile e, sobre todo, con moita festa!!!!

O xoves foi o día do festival de Nadal e, como non, nós tamén quixemos participar coa nosa arte. Despois de semanas de duros ensaios, xa estabamos listos e listas para amosar aos maiores do cole, o ben que bailamos e cantamos!








Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas da clase verde, os peques e as peques de 3 anos, que bailaron unha panxoliña moi chula para festexar que agora si, que xa chegou o Nadal, poñendo a todo o cole a brincar e rir!






Os segundos en subir "ao escenario" foros os nenos e nenas da clase azul, os da clase de 4 anos, que non querían deixar ao cole sen unha árbore de Nadal perfectamente decorada, así que con bolas, casados, grilnaldas, etc, puxéronse mans á obra. Quedoulles xenial, non si?





E por último, era a quenda dos raparigos e raparigas da clase lila, os nenos e nenas de 5 anos, que disfrazados dos mesmos reis magos, decidiron cambiar os camelos por unha bicicleta pero, o trueque non lles saiu ben de todo e... Melchor, Gaspar e Baltasar, acabaron rodando polo chan! Mirade, mirade...






O festival non rematou con nós, este ano tivemos a sorte de poder ver a todos os nosos compañeiros e compañeiras de Primaria. Panxoliñas, bailes, obras de teatro,... Que ben o fixeron!!!!




Por si isto fora pouco, o venres tivemos unha nova sorpresa... os Tres Reis Magos en persoa viñeron a vernos e a recoller as nosas cartas!!!!! Aínda que algún de nós se puxo algo nervioso e nerviosa e non quixo acercarse a eles, Melchor, Gaspar e Baltasar levaron todas e cada unha das cartas e prometeron que, se nos portabamos moi ben, iamos ter cumplidas as nosas peticións!!!






Aproveitamos a ocasión que nos da este blog para darvos as grazas pola colaboración e apoio recibidos durante todo este trimestre. Sodes unhas familias fantásticas!!!! Asimismo, queremos desexarvos unhas moi felices festas e unha moi boa entrada no 2020! Gozade destas datas cos vosos fillos e fillas! Vémonos o 8 de xaneiro!
Bicos e apertas grandes das profes!

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO NA CLASE LILA

E xa temos todos 5 anos!!!! Este mes de Decembro están de aniversario na clase lila: Carlo, Noam e Martín! 



PARABÉNS, PEQUERRECHOS!!!!

lunes, 16 de diciembre de 2019

MONICREQUES

Hoxe tivemos, antes da merendola, unha sesión de monicreques no cole. Era a historia dunha gatiña, chamada Lúa que quería viaxar para coñecer o mundo e facer un montón de amigos, incluido un ratiño moi gracioso! Despois de algún que outro contatempo, xa que se a súa avoa non lle deixaba saír da casa, conseguiu subir a un barco para recorrer todo o planeta Terra en busca de moitas novas aventuras e amigos!





miércoles, 11 de diciembre de 2019

martes, 10 de diciembre de 2019

viernes, 22 de noviembre de 2019

PIZARRAS NO PATIO!!!

Esta semana estreamos novo xogo no patio... unhas pizarras chulísimas de flores!!!!! Que emocionados estabamos cos xices e os borradores!!!! Corazón, flores, letras... fixemos de todo!!!! E aínda que os abrigos acabaron cheos de cores, pasámolo pipa!!!!





Nota das profes: estes días hai moitísima ilusión coas pizarras e os xices, así que seguramente algún e alguna leva o abrigo cheíño de xiz. Esperamos que ao longo das semanas empecen a utilizar mellor os borradores e menos "as mangas". Perdoade e grazas pola comprensión!

lunes, 18 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

E despois de ter que aprazala por mor do tempo, por fin chegou a festa por excelencia do outono... O MAGOSTO!!!! Que ganiñas tiñamos de comer castañas e de gozar cos maiores no patio grande!!! Ataviados con nosos cucuruchos, baixamos despois do recreo a comer as castañas. Estaban un pouco duras de pelar, pero os rapaces e rapazas maiores, botáronnos unha man! Que ricas!!!!