viernes, 2 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Esta semana festexamos no cole a festa máis monstruosa de todo o ano... o Samaín! Como nos gusta decorar as cabazas e... que ben o fixemos!!!! Mirade, mirade....



No Samaín todo se enche de pantasmas, bruxas, morcegos,... pero nós xa non lles temos medo... Sabedes por que? Pois porque fixemos un conxuro e os quemamos no pote: "SAPO, SAPOTE, OS MEDOS AO POTE!!!!"  Aí vos quedades medos! Agora soamente nos imos rir de vós!



Pero tamén traballamos moito, non vai ser todo festa... Os nenos e nenas da clase lila fixemos unha supercabaza, os da clase azul un morcego chulísimo e os da clase verde, como son os maiores, ademais de facer un castelo tenebroso, traballaron o vocabulario cunha cabaza chulísima!!!!



E por si isto fora pouco, a profe Sonia ensinounos un baile chulísimo dos "huesitos". Mirade, mirade que ben se nos da...


Aquí vos deixamos algúns cancións e películas que traballamos nas aulas para que as podades ver cos vosos fillos e fillas...
 

 






VIVA O SAMAÍN!!!

1 comentario:

  1. Graciñas Nuria,Celia conta todo sempre con moitísima ilusión,e coma sempre graciñas polo voso traballo,é xenial.

    ResponderEliminar