Este mes festexamos os aniversarios de Aryan, Roc e Darío... PARABÉNS PEQUES!!!!!
lunes, 25 de abril de 2022
lunes, 18 de abril de 2022
viernes, 8 de abril de 2022
AA TROPAS DO ROSALÍA!!!
Pois xa rematamos o segundo trimestre e que mellor maneira de acabalo que facendo unha das cousas que máis nos gusta... disfrazarnos!!!! Levamos todo o trimestre con Roma a voltas e, como aprendemos un montón de cousas e descubrimos todo o romano que ten a nosa cidade, so nos quedaba converternos en romanos e desfilar como auténticos lexionarios e centuriones!!!!
Mirade que guapos e guapas!!! Sen dúbida somos o mellor exército de todas as tropas romanas da historia!!!!!
lunes, 4 de abril de 2022
DE PASEO POLO LUGO ROMANO
Levamos moitos días estudando Roma e xa nos tocaba descubrir os segredos romanos que esconde a nosa cidade. Xa sabemos que o noso Lugo fai, moito moito tempo, era a antiga cidade de Lucus Augusti, cidade moi moi importante, na que os romanos construiron unha grande muralla: a nosa querida Muralla!!!! Pero que máis atopariamos paseando polo centro de Lugo??? Sen dúbida a nosa cidade ten un montón de misterios, moitos deles aínda por descubrir...