Pois si, xa acaba o primeiro trimestre e con el chega a nosa festa favorita... o Nadal!!!! Levamos días nerviosos, decorando o cole, escoitando e bailando panxoliñas, elixindo xoguetes e escribindo cartas... E hoxe, por si iso fora pouco... visita dos REIS MAGOS!!!! Por supuesto, deixámoslles as nosas cartas e explicámoslles o bos e boas que fomos e o moito que traballamos... Seguro que as súas maxestades terán en conta isto e cumprirán todos os nosos desexos!
E as profes esperamos que así sexa, peques!!! Que non se apaguen os vosos sorrisos, pese a estes anos que levades vivindo!!! Sodes, sen dúbida, os e as mellores!
Moitas grazas pola visita, Melchor, Gaspar e Baltasar!!! E moitas grazas a ANPA, por xestionar a viaxe desde Oriente!!!!
Aproveitamos este post para darvos as grazas por acompañarnos de novo neste trimestre e para desexarvos a vós, familias unhas moi felices festas!!!! Gozade dos vosos e das vosas peques, descansade e vémonos no 2022!!! Mil bicos a todos e todas!!!!
Inés, Nuria, Pili e Sonia