Risas, nervios, choros... Todas estas sensacións describen perfectamente os comezos de curso cada ano, especialmente, o comezo dos máis pequechos e pequechas do cole. O tempo "oficial" de adaptación xa rematou e o superamos con máis ou menos obstáculos. Dende aquí quero felicitarvos a todos e a todas, pois as mestras somos conscientes das dificultades que supón este periodo, tanto polas características especiais do horario, como polos momentos das separacións, da adaptación a novas normas... Parabéns familias!!!! Todo está superado!!!
Nestes primeiros días empezamos pouquiño tempo, coñecendo os espazos, aos amigos e amigas, aos profes, descubrindo os xoguetes e os novos materiais... e aínda que, ás veces, tiñamos un pouquiño de medo e inquedanza pola nova situación, podemos dicir cun gran sonriso que... XA FORMAMOS PARTE DA CLASE LILA!!!!!
Queredes ver como o pasamos estes días... Pois mirade, mirade...
E a partir de agora... COMEZA A AVENTURA!!! BENVIDOS E BENVIDAS AO COLE, PEQUES!!!!