Estimadas familias: dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos e para normalizar na medida do posible esta situación, dámosvos unhas recomendacións que podedes levar a cabo cos vosos fill@s durante estes días:
- Contar obxectos habituais do día: froitas, tapóns, xoguetes...
- Buscar e identificar números en etiquetas, números de teléfono, datas de caducidade...
- Traballar sobre o calendario, buscar o número, o día da semana, mes.
- Identificar cores.
- Buscar formas xeométricas en diferentes obxectos (círculo, cadrado, triángulo, rectángulo...).
- Comparar e clasificar obxectos por tamaño.
- Sinalar as partes do corpo en si mesmo e nos demais, aproveitando para falar do coidado e da hixiene tan importante nestes momentos.
- Facer un esbozo da figura humana.
- Facer debuxos libremente e contar ou escribir o que debuxaron.
- Ver e ler contos, con e sen axuda; inventar outro final, modificar as personaxes...
- Escribir o que máis nos gustou do que fixemos durante o día.
- Lerlles contos,poesías, trabalinguas, adiviñas, xogos de palabras...
- Recoñecer diferentes letras en contos, xornais, revistas...
- Escribir ou debuxar unha receita de cociña que nos guste.
- Realizar actividades plásticas: collage, modelado con plastilina, cortar, rasgar, dobrar papeis...
- Xogos de mesa e en familia: oca, parchís, puzzles, construcións, barallas de cartas...
- Falar moito con eles, de temas variados, empregando unha linguaxe normal.
- Darlles autonomía nas actividades diarias. Darlles responsabilidades, que axuden nas tarefas diarias...
- Xogos educativos na tablet ou ordenador. Aquí vos deixamos algunha ligazón de interese:
- https://quecamandiles.com/
- https://drive.google.com/file/d/1s_PNDtQp6QqN3-T8u7y9skwWx-pwMPCR/view?fbclid=IwAR1OKbVAZxC8pyEWKf5Mp_ioxltFHl91Lpy-XztHoBM4Xzg5Ij6T0KBmU9c
- http://nubecitasdesabidura.blogspot.com/
- https://marquirell.blogspot.com/2020/03/actividades-matematicas-sencillas-y.html
- https://www.aulapt.org/2020/03/14/clan-lanza-educlan-una-herramienta-educativa-gratuita-para-trabajar-desde-casa/
- https://universoabierto.org/2020/03/14/el-grupo-sm-ofrece-gratis-acceso-a-su-plataforma-con-libros-y-juegos-de-su-aula-virtual-de-aprendizaje-m-a-r-s-para-ninos-durante-el-periodo-de-coronavirus/
- https://m.facebook.com/titiriteros/videos/581621169106709/?refsrc=https%3A%2F%2Fm.facebook.com%2Fstory.php&_rdr
- https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10156554464056548&id=637751547
- https://m.facebook.com/Marakiscrap/photos/a.825667450826906/2868796419847322/?type=3
- https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2809479849143014&id=783942728363413
Recordade que son nen@s e necesitan xogar e descansar, gozade da súa compaña. Desexamos que isto se resolva o antes posible e que nos vexamos pronto nas aulas que xa vos botamos de menos; pero polo momento sexamos responsables e fagamos caso: TODOS NA CASA!
Saúdos.
As mestras de infantil.