jueves, 30 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO NA CLASE LILA

 No mes de setembro festexamos o aniversario de Martina... Parabéns pequena!!!!!



Aniversario do verán da clase verde

 Estes peques da clase verde foron os que estiveron de aniversario no verán.









viernes, 10 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS DE VERÁN NA CLASE LILA

 Nos mes de agosto tivemos a tres liliñas de aniversario: Alicia, Noa e Samira... 

PARABÉNS POR ESES 4 ANOS!!!





COMEZAMOS!!!

 Pero que ganiñas tiñamos de vernos, de xogar xuntos e xuntas, de contar o que fixemos no verán!!! Queredes ver que ben o pasamos este inicio de curso????... Pois botade un ollo!
































martes, 7 de septiembre de 2021

CHEGA UN NOVO CURSO!!!!

Ola de novo a todos e todas e... benvidos/as a un novo curso!!!!

Despois dun verán no que nos tocaba gozar e descansar a tope, voltamos con forzas renovadas para  afrontar un novo curso!!! 

En primeiro lugar queremos darlles a benvida aos novos e as novas compis de 3 anos que comezan nova andaina no cole... Estamos desexando coñecervos, peques!!! Este é o VOSO PERIODO DE ADAPTACIÓN!

Este curso seguiremos cos protocolos antiCovid, sen moita variación. Os nosos e as nosas peques seguen sen vacinar, polo que convén andar con sentidiño pois, aínda que este virus xa ten os días contados, non debemos baixar a garda.  Nos próximos días, colgaránse os novos protocolos da Consellería de cara a este curso na web do cole para que esteades informados, pero xa vos avisamos que non hai moitos cambios, pois seguimos cos grupos burbulla e as medidas de seguridade e hixiene, xa marcadas no curso pasado. Eso si, relaxáronse un poco as medidas nas entradas e saídas ao centro e no uso de material compartido. 

Aproveitamos para lembrarvos que todo o material veña etiquetado co nome. Traede só o material cando o teñades todo compradonunha bolsa cerrada que teña o nome e o curso do voso fillo/a por fora, así poderedes deixalo no patio e evitaremos entrar nas aulas, xa que este ano tampouco podedes acceder.

Vémonos o día 9 de setembro no horario habitual. 

Bicos das mestras!!!